...

Conversión dun elemento soluble ou intercambiable a unha forma menos soluble ou non asimilable para a planta debido á interacción coa fase sólida. No caso do K+, pode formar complexos de esfera interna cando se libera da auga de hidratación e interacciona con algúns minerais de arxila, así por exemplo, pode pasar a ocupar as cavidades pseudohexagonais das capas tetraédricas dunha illita, co que queda bloqueado e deixa de ser asimilable para as plantas.