Cambios de temperatura que teñen lugar no solo como resultado do intercambio de calor entre este e a atmosfera. De maneira xeral correspóndese coa sucesión regular de días e noites e de estacións ao longo do ano, en función da localización xeográfica, así como en función do desenvolvemento e grao de sombreado da cuberta vexetal, e de procesos que teñen lugar dentro do solo. O réxime térmico do solo varía e aseméllase a unha variación sinusoidal ao longo dun día e varía coa profundidade, o que permite establecer o perfil térmico do solo.