Estratexia que aplica os principios de bioestimulación á rizosfera, con base ás interrelacións entre as raíces e os microorganismos do solo (bacterias e fungos).
Cabe distinguir:
1) a rizoestimulación activa, que consiste en seleccionar determinadas plantas e os microorganismos, de maneira que os exsudados das raíces estimulen a acción dos microorganismos inoculados co fin de eliminar un determinado contaminante. Por exemplo, un cultivar de pasto (Lolium multiflorum) foi seleccionado debido á súa capacidade para producir un sistema de raíces altamente ramificado, enraizar profundamente e transportar unha alta poboación de Pseudomonas spp. nas súas raíces, bacterias que son capaces de degradar naftaleno.
2) a rizoestimulación pasiva, que consiste en introducir plantas no sitio contaminado para estimular o crecemento de microorganismos naturais presentes na rizosfera.
A eficiencia dependerá do volume de solo explorado pola rizosfera, dos exsudados das raíces, do cantidade de poboación microbiana cuxo crecemento resultou estimulado e da súa capacidade para a biorremediación ou do seu efecto positivo sobre outros microorganismos biorremediadores. Constitúe un método alternativo á escavación, extracción e tratamento para limpar terreos contaminados.