Propiedade dun solo caracterizada por unha cantidade significativa de sales máis solubles que o xeso, que causan efectos desfavorables en plantas non tolerantes. Mídese por medio da condutividade eléctrica dun extracto de pasta saturada (CEs), que en unidades do sistema internacional (SI) se expresa en dS m−1 a 25 °C. De acordo co valor desta magnitude establecéronse cinco clases de solos: solo non salino (< 2 dS m−1 a 25 °C), solo moi lixeiramente salino (2-4), solo lixeiramente salino (4-8), solo moderadamente salino (8-16) e solo fortemente salino ( > 16).