...

Proceso de acumulación de sales máis solubles que o xeso en determinadas posicións da paisaxe , de acordo coa concepción de autores rusos como V. A. Kovda. A orixe dos sales débese á solubilización de sales previamente presentes nas masas de rochas sedimentarias que actúan como centros de redistribución da salinidade. A auga de escorremento superficial transporta os sales en disolución, así como as augas freáticas e os redistribúe na paisaxe. Nas zonas deprimidas nas que van a parar as augas superficiais ou aló onde hai abrollos de auga freática, cando se evapora a auga, os ións en disolución precipitan e forman sales pertencentes a especies mineralóxicas moi diversas. Algúns autores considera que a salinización secundaria é a que ten orixe humana, que pódese deber, por exemplo, a malas prácticas de rega, incluíndo o uso de auga de rega de mala calidade.