...

Fluxo descontinuo a escala de poro nun medio parcialmente saturado debido ao desprazamento instantáneo de fluídos inmiscibles (aire-auga) en segmentos de poros con seccións internas irregulares. Durante a drenaxe prodúcense debido a que o baleirado do poro está limitado pola tensión capilar nun estreitamento, de modo que se a succión aumenta, o aire invade rapidamente a parte ancha do poro e detense no seguinte estreitamento. Durante a imbibición, a resistencia ao avance da auga prodúcese na parte ancha do poro. Cando a presión de imbibición (p. ex. potencial de presión) aumenta, a auga invade rapidamente o segmento estreito do poro ata o seguinte ensanche. Este saltos pódense propagar na rede de poros producindo fenómenos a escalas maiores como histérese, auga irredutible ou atrape de aire.