Proceso polo cal se somete unha mostra a unha perda acelerada de auga ata alcanzar unha masa constante. Xeralmente realízase a 105 °C, salvo nas mostras nas que haxa compoñentes que se transformen á devandita temperatura (este é o caso de solos con xesos ou con materia orgánica volátil, en cuxo caso se debe diminuír a temperatura de secado e aumentar o tempo ata chegar á masa constante ou realizar o proceso en condicións de baleiro).