...

Elemento químico non metálico de símbolo Se, número atómico 34, peso atómico 78,96 e estados de oxidación −2, +2, +4, +6. maior parte dos solos é un elemento minoritario. En solos acedos e neutros que conteñan selenio, adóitase atopar como Se4+, na selenita férrica e en complexos con compostos orgánicos. En solos básicos ben aireados, encóntrase como selenato, Se6+. A selenita é máis tóxica que o selenato. Pode haber unha adsorción destes anións na superficie dos óxidos de ferro. O selenio, a baixas concentracións é un micronutriente esencial para os animais, pero a concentracións altas resulta tóxico. O astrágalo (Astragalus) p. ex., da familia das fabáceas é unha especie acumuladora de selenio.