Instrumento capaz de detectar magnitudes físicas ou químicas, chamadas variables de instrumentación, e transformalas en variables eléctricas. As variables de instrumentación poden ser por exemplo: intensidade lumínica, temperatura, distancia, aceleración, inclinación, presión, desprazamento, forza, torsión, humidade, movemento, pH, etc. Unha magnitude eléctrica pode ser unha resistencia eléctrica (como nun sensor de humidade), unha tensión eléctrica (como nun termopar), unha corrente eléctrica (como nun fototransistor), etc.