Interacción entre dous organismos vivos ou poboacións que beneficia a un ou a ambos organismos. Se ambos obteñen beneficios denomínase mutualismo ou simbiose mutualística; se só se beneficia un chámase comensalismo.
Pode ser unha simbiose obrigada, en cuxo caso a relación entre as dúas especies é tan interdependente, que cada un dos organismos non pode sobrevivir sen o outro; ou unha simbiose facultativa, na que as dúas especies se involucran nunha asociación simbiótica a través da elección, pero poden sobrevivir individualmente.
A asociación entre fungos micorrícicos e as raíces das plantas xoga un papel importante na absorción de nutrientes, na resistencia a enfermidades, nas relaciones hídricas e, en definitiva, no crecemento da planta. Para o fungo, a estratexia simbiótica apórtalle nutrición (hidratos de carbono), o que compensa a súa perda da capacidade saprofítica competitiva.