Grupo de elementos interrelacionados e interdependentes que constitúen unha entidade integrada, máis complexa que a suma dos subsistemas ou elementos que o integran e que ten unha dimensión temporal. O grao de complexidade é moi variable. Por exemplo, o solo é un sistema heteroxéneo que está integrado por tres fases: sólida (matriz do solo), líquida (auga do solo) e gasosa (atmosfera do solo).