...

Capa de solo a pouca profundidade, dentro dos 30 aos 35 primeiros centímetros, que presenta menor porosidade, maior compactidade e unha densidade aparente máis elevada que o material directamente en contacto con ela, tanto na parte superior como na inferior, pero que amosa unha composición semellante. Orixínase ao longo dos anos ao labrar de forma continuada a unha mesma profundidade. Fai diminuír o volume de solo explorable polas raíces. Ademais, limita a almacenaxe de auga e dificulta o seu movemento. Diagnostícase observando o perfil do solo e pódese romper dando unha labradura a maior profundidade do habitual.