...

Técnica de eliminación de organismos nocivos aproveitando a enerxía procedente da radiación solar. Consiste en cubrir o solo húmido, antes da sementeira, cunha lámina de plástico especial, durante unha época do ano.

Nun invernadoiro, co solo libre de malas herbas e restos vexetais, durante a época do ano de maior radiación solar (de xuño a agosto no hemisferio norte) e antes da sementeira, cóbrese cunha lámina de plástico especial (polietileno transparente) a superficie do solo húmido (próximo a -33 kPa), e déixase desta forma exposto á radiación solar durante un determinado período de tempo (unhas 4 a 6 semanas) para que teña lugar a desinfección. A radiación solar atravesa o plástico e convértese en calor (efecto invernadoiro), calor que se transfire ao solo, mentres que a radiación emitida polo solo non pode atravesar a lámina de polietileno, co que se consigue que a temperatura do solo aumente (o invernadoiro debe permanecer cerrado para conseguir chegar a unha temperatura máis alta).

A efectividade da solarización dependerá principalmente de que se alcancen no solo temperaturas que resulten letais para os organismos que viven nel. A supervivencia da maioría dos patóxenos redúcese na medida que se alcanzan temperaturas próximas a 40 °C, polo que se se mantén esta temperatura un tempo suficientemente longo (30-60 días, dependendo do clima da zona) conseguirase exterminar á inmensa maioría dos patóxenos que se quere combater.

En solos cubertos de area, procédese a retirar a area previamente ao tratamento.