...

Magnitude que expresa a cantidade de sales disoltos nun extracto de solo o nunha auga. A determinación do contido total de sólidos disoltos (TSD) realízase evaporando a 105 °C un volume coñecido de auga ou de extracto acuoso e pesando o residuo seco obtido, que pode estar formado por substancias inorgánicas (sales precipitados) ou orgánicas que non se evaporan a esa temperatura e que poden precipitar. A medida resulta un tanto ambigua, xa que, por un lado, se poden obter sales con distinto estado de hidratación segundo o grao de secado utilizado; ademais ao ser higroscópicos captan auga rapidamente, o que falsea os resultados. Por outro lado, poden precipitar outras substancias. Por iso, ao existir unha relación positiva entre a salinidade do solo e a condutividade eléctrica, prefírese caracterizar o contido salino dun solo e dunha auga de rega por medio da condutividade eléctrica e a concentración de anións e catións, determinacións que resultan máis doadas de realizar de forma precisa. Para a auga de consumo humano séguese a utilizar o TSD cuxo limiar estableceuse en EEUU en 500 mg L−1.