...

Solo no que só unha parte dos ocos están cheos de auga, polo que está composto de tres fases (sólida, líquida e gasosa). É a situación máis frecuente, excepto en solos de zonas pantanosas e zonas húmidas. O potencial de presión da auga é negativo, debido á atracción das superficies sólidas e a tensión superficial na interfase solo-aire. A condución de auga depende en gran medida da textura e a estrutura. Cada fase ten a súa propia densidade ρi[kg m-3] e ocupa unha fracción Øi do volume total V.