...

Solo cuberto dunha lámina de auga de pouco espesor todo ou a maior parte do ano, caracterizado por unhas condicións anaerobias, por un estado reducido e por un potencial redox baixo. Estas características adquírense rapidamente, de maneira que cando un solo ben aireado se somerxe, o Eh diminúe nuns poucos días, e estabilízase ao cabo de entre oito e doce semanas segundo o contido de materia orgánica, o pH e o periodo de submersión.