...

Grupo de solos de referencia na Base de Referencia Mundial dos Recursos do Solo (WRB) que se caracteriza por ten un elevado contido en sales inorgánicas solubles, cuxa solubilidade é moi superior á do xeso (CaSO4 · 2 H2O) cunha solubilidade de 2,4 g L−1 a 0 °C). Cando os sales precipitados no solo seco se disolven, orixinan os catións Na+, Mg2+, Ca2+ e os anións Cl, SO42− e HCO3. Os conteñen os horizontes sálicos. Un solo considérase salino cando pode afectar negativamente o crecemento das plantas non tolerantes. O limiar da condutividade do extracto de pasta saturada (CES) estableceuse en 4 dS m−1 a 25 °C. Por enriba deste valor, o solo é salino, se ben as plantas moi sensibles á salinidade adoitan amosar efectos negativos a partir de valores CES de 2 dS m−1 a 25 °C. Os Solonchaks son propios tanto de rexións áridas e semiáridas coma de zonas costeiras de calquera clima. Presentan unha vexetación indicadora formada por especies halófilas.