...

Magnitude que expresa a cantidade máxima de soluto que pode disolverse nun volume determinado de disolvente a unha temperatura dada para formar unha disolución saturada. Depende da temperatura, da presión, do pH e da presenza doutras substancias disoltas ou en suspensión. Xeralmente, aumenta coa temperatura, pero non ocorre así co dióxido de carbono (CO2) disolto en auga ou co sulfato de sodio (Na2SO4). En unidades do sistema internacional (SI), se expresa polo xeral en número de moles por volume de disolución (mol L−1) ou en masa de soluto por volume de disolución (g L−1).