Siglas EPS (en. extracellular exopolymeric substances)
Moléculas de tamaños, composicións e propiedades químicas variables, segregadas por microorganismos e que son fundamentais para a vida microbiana, xa que proporcionan un entorno ideal para reaccións químicas, absorción de nutrientes e protección contra o estrés ambiental.
Trátase de polímeros altamente hidratados que se compoñen principalmente de polisacáridos, proteínas e ADN. As EPS microbianas poden mellorar a agregación de partículas do solo e beneficiar ás plantas ao reter humidade e nutrientes. Ademais, teñen características únicas, como biocompatibilidade, capacidade de xelificación e espesado, con aplicacións industriais.
Son moi resistentes á degradación encimática e acumúlanse no solo onde constitúen unha parte importante da fracción orgánica humificada e da humina microbiana. Sigla EPS (en.