Solo de baixa estabilidade estrutural, cuxos agregados descompóñense ao recibir o impacto das gotas de choiva ou dunha rega por aspersión, ben porque o seu grao de cohesión sexa baixo, porque o agregado conteña aire ocluído en poros, ou porque se produza dispersión espontánea por contraste salino se a auga de rega ten unha baixa condutividade eléctrica e o solo contén un exceso de ións sodio.