Proceso fisicoquímico de redución de sulfatos a sulfuros en medios saturados de auga ou inundados, tal e como pasa nos esteiros e os mangleirais. Xeralmente é biocatalizado por bacterias; unha das máis activas é a Desulfovibrio desulfuricans. Trátase dun proceso basificante.