...

Forma de humus constituída por un horizonte holorgánico (capas orgánicas zooxénicas, case desprovistas de materia mineral), adherente, de consistencia graxa e que mancha os dedos. Está constituído por dexecciones de animais, biomacroestruturado en microagregados que son o resultado da actividade de fauna epíxea. Está formado por un horizonte O de certo espesor e un horizonte Ah de pouco espesor e deste pásase á rocha coherente.

Fórmase en medios aerobios cunha actividade de fauna moi importante, en condicións climáticas limitantes de altitude, principalmente na rexión montañosa e subalpina dos Alpes calcarios (rochas calcarias coherentes), con clima fresco e húmido, cunha vexetación de bosque de resinosas, onde presenta máis dun 80 % de Ca2+ e/ou Mg2+ intercambiables e valores de pH entre 5,5 e 7,0, nese caso poderíase describir como un mor cálcico. Con todo, tamén se pode formar sobre rochas ácidas (ricas en SiO2). É unha forma de humus pouco frecuente.