...

Teoría proposta para explicar a distribución dos ións de signo contrario na interface dunha superficie cargada (mineral de arxila, p.ex.) e cómo varía o potencial eléctrico coa distancia á superficie cargada. Considera que a carga negativa dun coloide se atopa uniformemente distribuída sobre a superficie e os ións de signo contrario, debido á axitación térmica non poderían formar a capa proposta por Helmhotz, senón que están dispersos na interface sólido-líquido formando unha capa difusa. O potencial e a concentración diminúen de xeito exponencial coa distancia á superficie cargada, ata unha distancia que corresponde ao espesor da dobre capa, máis aló da cal se atopa a fase líquida (disolución exterior), na que, no equilibrio, a concentración é a mesma en todos os seus puntos.