...

Expresión xenérica utilizada para designar unha composición de tamaño de partícula do solo na que predominan as partículas de tamaño area. Corresponde ás clases de textura do USDA franco areosa fina, franco areosa, areoso franca moi fina, areoso franca fina, areoso franca, areoso franca grosa, areosa moi fina, areosa fina, areosa media e areosa grosa.