Dispositivo utilizado para medir a presión que transforma unha magnitude de presión noutra eléctrica que pode ser rexistrada de forma continua. Entre as aplicacións cabe citar o rexistro continuo da medida do potencial da auga do solo cando se acopla a un tensiómetro, así como o rexistro dos cambios de altura da columna de auga en permeámetros e infiltrómetros.