Taxa á cal se move a auga a través dunha superficie de área unidade dun acuífero saturado, de espesor especificado, baixo un gradiente hidráulico unidade. Indica a capacidade que ten un acuífero para ceder auga e trasladala lateralmente. É igual ao produto da condutividade hidráulica polo espesor saturado do acuífero. A súa ecuación de dimensións é: [L2T-1] e mídese en m2 dia-1.