...

Encima do grupo das amidohidrolases e fosfodiesterases que cataliza a hidrólise da urea, CO(NH2)2, en amoníaco, NH3 (que se adoita perder por volatilización) e dióxido de carbono. Nun solo húmido o proceso pode ter lugar rapidamente (nunhas horas ou nuns poucos días) e o amonio, NH4+, formado pode pasar a ocupar posicións de intercambio, o que evitará as perdas.

É un encima citosólico presente en bacterias, fungos, plantas, e algúns invertebrados e tamén aparece libre no solo.

As medicións da actividade urease dan información sobre a velocidade de degradación dos compostos que conteñen nitróxeno, especialmente as proteínas. Intervén no ciclo do nitróxeno.

A urease, ao ser moi estable no solo, utilízase a miúdo como un test de fertilidade edáfica. A contaminación do solo por metais pesados ou por unha deposición ácida afecta negativamente á actividade da urease.