...

Conxunto de manchas e veas que se distinguen da matriz do solo pola súa cor diferente e máis ou menos uniforme. É un trazo edáfico xeralmente minoritario que pode consistir, xa sexa na impregnación dun volume (unha superficie, vista no perfil do solo) por un compoñente que lle dá cor (xeralmente, por acumulación de óxidos de ferro e manganeso en solos hidromorfos); xa sexa unha descoloración por migración de compoñentes cromóxenos (xeralmente, óxidos de ferro, en solos hidromorfos). Descríbese cando a porcentaxe de manchas supera o 10 % da superficie. A súa porcentaxe estímase por comparación cunhas táboas elaboradas pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura ‘Food and Agriculture Organization’).