Substancia estraña a un ser vivo que se a incorpora ao seu organismo pódelle producir danos. Pode ser una substancia non natural que se dispersou no medio e que afecta negativamente aos organismos dun sistema natural (solo, auga), mesmo a concentracións baixas, ou un produto de natureza orgánica resultante da síntese industrial que se caracteriza por ser xeralmente resistente ou recalcitrante á biodegradación como os bifenilos policlorados (PCBs). Os máis frecuentemente incorporados ao solo son os produtos fitosanitarios e, en menor medida o papel e os plásticos; tamén o é o carbón (carbón negro) orixinado nos incendios, cuxos efectos poden ser positivos.