...

Elemento químico, non metálico, de símbolo S, número atómico 16, peso atómico 32,02 e estados de oxidación −2, +2, +4 e +6. Nas rochas ígneas, encóntrase en forma de sulfuros metálicos, tales como a pirita (FeS2) e, nas sedimentarias, principalmente en forma de xeso (CaSO4 · 2 H2O). No solo, pódese atopar en compostos orgánicos e inorgánicos. Cando a materia orgánica se mineraliza, o xofre se libera en forma de SO42−. En compostos inorgánicos preséntase en forma de xeso (cristais lenticulares en solos xesosos); en forma de sulfatos de sodio e de magnesio (solos salinos); en forma de sulfuros (H2S, FeS e FeS2 en solos anegados e condicións fortemente redutoras), e tamén como ácido sulfúrico e sulfato de ferro (solos de sulfatos ácidos). É un macronutriente para as plantas, que é absorbido en forma de SO42−, e entra a formar parte de ácidos aminados (metionina e cisteína) e de certos cofactores enzimáticos. Se é aportado por deposicións acedas o polas choivas acedas, pode causar problemas ambientais e danar as edificacións e as esculturas, en particular as de natureza calcaria.