...

Afloramento de auga subterránea, xeralmente non permanente, nunha zona onde o nivel piezométrico dun acuífero corta a superficie do terreo pasando a formar parte das masas de auga superficiais. A auga zumega na superficie do solo por unha liña o por unha superficie máis ou menos extensa, a diferencia dun manancial no que a auga emerxe nun lugar localizado. No campo identifícase en ladeiras, pola presenza dunha vexetación hidrófila, como Arundo donax (cana), que contrasta coa vexetación circundante. Existen xurdencias intermitentes ou rítmicas (durante certos períodos) e xurdencias perennes ou permanentes (activas durante todo o ano).