...

Nun proceso de infiltración de auga nun solo uniforme, zona que dá continuidade á zona de transmisión supraxacente, da que recibe auga por percolación, e cuxo límite inferior é a fronte de humectación (fronte de avance), máis ou menos abrupto, que constitúe o contacto co solo seco subxacente. Mantén unha forma practicamente constante e vaise desprazando a abaixo a medida que se prolonga o proceso de infiltración. O seu contido de humidade diminúe rapidamente ao longo do seu espesor.