...

Sistema de tres fases (sólida, líquida e gasosa) na que só unha parte dos ocos está chea de auga. No solo constitúe a ligazón entre a atmosfera e a auga freática e controla a partición da precipitación entre auga de superficie, auga do solo e auga freática. A diferenza fundamental entre a zona saturada e a non saturada reside no comportamento hidrodinámico da auga debido ao efecto do aire, o que se traduce nunha condutividade hidráulica moi diferente. Na zona non saturada teñen lugar procesos hidrolóxicos tales como a infiltración, o fluxo preferente e a distribución da auga. Entre a zona saturada e a zona non saturada existe unha franxa de ascenso capilar da auga a partir da capa freática, que dá continuidade ao fluxo de auga.