...

Proceso fisicoquímico mediante o cal unha ou máis especies químicas en fase líquida ou gasosa penetran na fase absorbente atravesando a súa superficie e se difunden dentro da súa estrutura tridimensional (sólida microporosa). O absorbente pode ser inorgánico ou orgánico. No caso das plantas, as raíces absorben os nutrientes que atravesan a superficie da raíz e se difunden no seu interior.