Magnitude que expresa a actividade dos ións hidronio libres (aH3O+) na fase líquida do solo. É un valor de pH moi próximo ao que están expostas as raíces das plantas na rizosfera. Corresponde á parte do acedume que se determina medindo o pH en unha suspensión solo-auga desmineralizada, xeralmente en unha relación 1:2,5. Se consideran ácidos aqueles solos cuxos valores de pH son inferiores a 6,5. A expresión acedume actual, coa que as veces se denomina, débese a un calco do termino inglés actual, cuxa equivalencia en galego é real.