Que ten un pH inferior a 7,0. Nos solos, non obstante, o adxectivo ácedo aplícase normalmente cando o pH da suspensión solo-auga (en relación 1:2,5) é inferior a 6,5, o que corresponde a un porcentaxe de saturación de catións básicos no complexo de intercambio baixo. A expresión fortemente ácido aplícase a solos con valores de pH inferiores a 5,0 cun predominio de catións acedos (Al3+ y H3O+) no complexo de intercambio. Os solos de sulfatos acedos poden ter pH en torno a 3,0 debido á presenza de ácido sulfúrico (H2SO4) formado por oxidación de sulfuros ao drenar o solo artificialmente en ausencia de carbonato de calcio (CaCO3).