Magnitude que expresa a proporción da capacidade de intercambio de catións efectiva (CICE) ocupada por ións hidronio (H3O+) e outros catións acedos (Al3+) que poden ser desprazados por unha disolución de sal neutro non amortecida (xeralmente unha disolución de cloruro de potasio, KCl 1M). Equivale á diferenza entre o valor da CICE e a suma do contido en catións básicos.