Magnitude que expresa o acedume xerado pola disociación dos grupos carboxilos e fenol presentes na materia orgánica e pola disociación dos grupos hidroxilo das superficies das superficies dos óxidos, oxihidróxidos e hidróxidos de ferro e aluminio e tamén dos bordes dos minerais da arxila. Está relacionada coas cargas variables e non é intercambiable cunha disolución salina non amortecida. Pódese calcular como a diferenza entre o acedume total e o acedume intercambiable determinado cunha disolución salina non amortecida. Pódese determinar valorando cunha disolución salina amortecida para alcanzar un pH de referencia (xeralmente, 7,0 ou 8,0).