Formación xeolóxica ou horizonte do solo que, a pesar de conter auga no seu interior, debido á súa baixa permeabilidade non é capaz de transmitila baixo gradientes hidráulicos ordinarios e, por conseguinte, non é susceptible de ser explotado. Constitúe unha situación intermedia entre un acuífero e un acuífugo. Como exemplo cabe citar as capas arxilosas e as lousas sedimentarias.