...

Proceso físico-químico polo cal se produce unha acumulación ou un aumento de concentración de substancia ou material (adsorbato) na interface entre a fase sólida e a fase líquida (ou gasosa) circundante. Prodúcese por medio de unións de superficie entre a fase sólida e os ións, os átomos ou as moléculas da fase líquida ou da atmosfera do solo. Segundo o tipo de unión, pode ter carácter reversible ou irreversible.