...

Organización natural coherente de partículas individuais compoñentes do solo (area, limo, arxila), con ou sen substancias orgánicas. É unha unidade estrutural tridimensional de nivel superior, separada das unidades adxacentes por planos de debilidade, o que crea un espazo poroso asociado. A cohesión interna que mantén unidas as partículas débese xeralmente a forzas electrostáticas, de Van der Waals e á capilaridade. A agregación pode aumentar, principalmente nos horizontes da parte superior do solo (epipedóns), por efecto de polímeros orgánicos derivados da descomposición da materia orgánica. Segundo o seu tamaño clasifícanse en microagregados (estudados en lámina delgada) e macroagregados (estudados en campo) e o límite entre eles adóitase situar en 200 ou 250 μm.