...

Fracción do volume aparente do solo que non está ocupada por sólidos nin líquidos. O seu comportamento vén condicionado parcialmente polo da fase líquida, xa que ocupa a parte da porosidade que esta deixa libre. A composición do aire do solo está sometida a constantes cambios pola actividade biolóxica no solo (respiración) e por intercambios coa atmosfera circundante por fluxos por difusión molecular, os cales aseguran unhas condicións adecuadas para a vida das plantas.