Hidrólise alcalina que produce unha degradación das estruturas orgánicas ou minerais. En medios moi alcalinos, aumenta sensiblemente a solubilidade do aluminio e do silicio, que son constituíntes esenciais das arxilas, e tamén a do humus. Se pode orixinar na fronte de meteorización onde pode haber unha liberación de elementos alcalinos como o Na+, o que crea unhas condicións físico-químicas locais moi diferentes ás do solo supraxacente.