Altura máxima que pode alcanzar a auga (fronte de humectación) por movemento capilar ascendente, nun solo inicialmente seco, a partir da superficie de auga libre dunha zona saturada (capa freática). Corresponde a unha situación na que os dous gradientes compoñentes do potencial (gravitacional e matricial) iguálanse en magnitude e, ao ser de signo contrario, a súa suma é cero e o fluxo de auga cesa, momento no que se alcanza a altura máxima da franxa de ascenso capilar.