...

Coloración amarelenta das follas e outras partes da planta que adoita estar asociada, entre outras causas, a unha deficiencia de ferro. Neste caso, a cor amarela maniféstase entre as veas das follas en plantas sensibles que crecen en solos calcarios, debido á acción do anión hidroxenocarbonato (HCO3) que bloquea a absorción de ferro (clorose férrica). O risco de clorose férrica avalíase por medio da determinación do contido de calcaria activa ou do índice do poder clorosante. Son sensibles a este tipo de deficiencia os melocotoeiros, as maceiras, as videiras, as pereiras e os albaricoqueiros, entre outros cultivos, de modo que se debe recorrer a portaenxertos tolerantes á calcaria activa.