...

Interacción entre dous organismos ou poboacións na cal un dos intervenientes é prexudicado na relación, mentres que o outro non experimenta ningunha alteración.

O amensalismo pode ser de dous tipos: 1) competencia no que o organismo máis grande ou máis poderoso exclúe ao outro organismo da súa fonte de refuxio ou alimento; e 2) antagonismo, que é unha relación negativa baseada na produción de substancias tóxicas ou na creación de condicións intolerables para outras poboacións por parte dos organismos. Por exemplo, un dos organismos (actinomicetos, outras bacterias ou fungos) produce substancias inhibitorias (p. ex., antibióticos) que impiden o crecemento de moitos outros organismos.