...

Estado de aireación caracterizado pola falta case total de osíxeno molecular, O2, no medio. Ten lugar cando a demanda de osíxeno dos organismos vivos é superior ao subministro, o que adoita ocorrer en solos nos que practicamente todos os ocos están cheos de auga. En solos ben drenados pode ser un estado temporal, pero, nos solos saturados de auga durante períodos prolongados (condicións ácuicas), a falta de osíxeno condicionará o crecemento da maioría das plantas superiores e dará lugar a procesos redox. Os efectos de períodos de anaerobiose dependen da temperatura do solo, de maneira que no inverno son menores que no verán, xa que a taxa de respiración do solo é menor a baixas temperaturas.