...

Acrónimo de oxidación anaerobia do ión amonio (en. ANaerobic AMMonium OXidation). É o proceso de oxidación anaerobia do nitrito e amonio, NH4+, directamente a nitróxeno molecular, N2, sen consumo de substratos orgánicos por parte dos microorganismos.
A reacción catabólica total é:
NH4+ + NO2- → N2 + 2H2O

Por medio de técnicas moleculares foi posible caracterizar a filoxenia e a diversidade dos microorganismos responsables do proceso.

As bacterias que realizan o proceso anammox son bacterias autótrofas acuáticas do Filo Planctomycetes. O seu crecemento é moi lento, cun tempo de división da orde de dúas semanas ou máis.

Aínda que abundan en medios acuáticos e oceánicos, tamén se atopan no solo. Unha das aplicacións é a depuración de augas, para eliminar o amonio, o que resulta difícil con outras técnicas de desnitrificación.