...

Capas concéntricas de células leñosas que rexistran o crecemento dunha árbore nunha estación de crecemento. Corresponden a períodos de desenvolvemento do xilema, xeralmente anuais. Nun corte transversal, as marcas circulares indican a posición do cámbium vascular ao cese do crecemento do ano previo.

En especies de rexións temperadas, con estacións ben diferenciadas, a parte clara corresponde ao xilema inicial ou de primavera, menos denso, con células de maior diámetro; a parte escura é o xilema tardío ou de verán. En especies que viven nas rexións tropicais esta alternancia corresponde ás estacións chuviosa e seca respectivamente. Son tanto máis marcadas cando máis acentuada é a estacionalidade do clima.

Os aneis de crecemento empréganse como bioindicadores de cambios climáticos e morfolóxicos, como por exemplo, os debidos ao descalce de raíces debidos a procesos erosivos.