Anión adsorbido de forma reversible na superficie dunha partícula de carga positiva. Pode pasar á fase líquida ao ser substituído por outro anión contido nesta fase. Os principais anións intercambiables son: SiO44−, NO3− e Cl−. Os anións H2PO4− e HPO42− teñen tendencia a formar complexos de esfera interna, polo que resultan pouco intercambiables.